RSS

sábado, 24 de abril de 2010

Mírase no espello


Antonio García Teijeiro

Mírase no espello,
con todas as cores
unha bolboreta
que viviu nas flores.

Mírase fermosa
Mírase belida 
tan chusca
tan leve 
tan chea de vida.

Sobe 
 e baixa
e sobe

diante do espello.

El está ben canso
e séntese vello.

E séntese triste 
ao vela voar. 
Linda bolboreta, 
non te mires máis.